Lugo, preparada para desfrutar coa XXXVII Copa Galicia Sénior Masculina

O Pazo dos Deportes será escenario das semifinais da Copa Galicia este venres, 15 de setembro; e da Final na tarde (17.15 h) do domingo, 17 de setembro

– Monbus Obradoiro vs Leyma Coruña (18:00 h) e Río Breogán vs Club Ourense Baloncesto (20.30 h) son os duelos de semifinais.

– Competición 3×3, Formación para adestradores e árbitros e Fan Zone na previa da final completarán unha fin de semana co Baloncesto como máximo protagonista en Lugo.

Lugo dá a benvida a XXXVII edición da Copa Galicia Sénior Masculina. A cidade da muralla será escenario esta fin de semana da competición copeira por excelencia do Baloncesto galego, así como de diferentes eventos que acompañarán á mesma para desfrute dos afeccionados á canastra.

A XXXVIII Copa Galicia Sénior Masculina, que nesta edición organiza a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón; celebrou esta mañá a súa posta de longo, contando na mesma coa presenza da Alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez; e Rubén Engroba, Representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón.

Como mestre de cerimonias, Rubén Engroba avanzou os detalles deportivos da Copa e expresou o seu agradecemento a todas as institucións implicadas, permitindo a “suma de todas” outorgar á Copa a magnitude que merece.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; trasladou en primeira instancia o seu agradecemento á Asociación Xuvenil Sagrado Corazón pola “perseveranza na organización desta Copa”, proporcionando así un “marabilloso fin de semana de baloncesto en Lugo, que é unha cidade de Baloncesto, unha cidade de deporte”.

Recoñeceu tamén a disposición da Federación Galega de Baloncesto e a implicación de todas as administracións e do CB Breogán por facer posible este evento.

O Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; salientou que Lugo ten un “xen de baloncesto que se transmite tanto no público como en todas as actividades que se viven en torno a este deporte”. Agradeceu tamén Arias o traballo de “todas as institucións a unha” para facer posible unha Copa Galicia á altura.

O máximo mandatario federativo, Julio Bernardez, adiantou que esta edición da Copa Galicia será una campionato deportivo organizado con “excelencia” e que é un orgullo que teña lugar no “momento máis brillante para o Baloncesto Galego en toda a súa historia”.

Para Bernárdez, “Lugo e una cidade que é Baloncesto” e merece una Copa que corresponda á súa historia neste deporte. Nesta liña, animou a desfrutar dos catro mellores equipos galegos de Baloncesto Masculino e agradeceu a todas as institucións a súa aposta firme polo baloncesto en Lugo e provincia.

A deputada de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Iria Castro; trasladou tamén os seus parabéns á Asociación Xuvenil Sagrado Corazón por todas as actividades que dinamizarán a Copa, e agradeceu a todas as institucións por “implicarse e apoiar ao deporte e a este tipo de torneos tan importantes para a cidade”

A Competición

A Copa abrirá xogo no Pazo dos deportes este venres, 15 de setembro, coas semifinais. Monbus Obradoiro e Leyma Coruña disputarán a primeira (18:00 h) e Río Breogán e Club Ourense Baloncesto farán o propio para completar a tarde (20.30 h). Os vencedores de ambos encontros buscarán un novo título de Copa para o seu palmarés o domingo ás 17.15 h no mesmo escenario.

As semifinais do venres (18:00 h e 20.30 h) poderán seguirse en vivo a través da Canle en Youtube da Federación Galega de Baloncesto: FEGABA TV. A final do domingo (17.15 h) emitirase en directo a través da TVG 2.

Venda de Entradas

Tanto os abonos como as entradas para as xornadas individuais de venres e xoves poden mercarse a través da plataforma: virtual https://entradas.lugoebasket.es/

Total
0
Shares
Deja una respuesta
Artículo Anterior

El Barça presenta a sus nuevas caras, dispuestos a luchar por todo

Siguiente Artículo
Salva Camps al lado de Pedro Martínez (acb Photo / J. Alberch)

Conociendo a los entrenadores ayudantes ACB: Bàsquet Girona le da la oportunidad a Salva Camps y cambia todo su cuerpo técnico

Artículos Relacionados
Artículos Relacionados