O Monbus Obradoiro pon en marcha a Campaña de Abonados 2026-2027 cun obxectivo claro: seguir medrando xuntos e devolver o club ao lugar que merece. Tras dúas temporadas fóra da ACB, queremos contar unha vez máis co apoio de toda a nosa afección. Por iso nace “Obrad’ouro”.
🔵 ¿Que é Obrad’ouro? Consiste na realización dun préstamo participativo nos termos e condicións que figuran nas condicións particulares do préstamo.
📅 Datas: do 28 de maio ao 8 de xuño.
✅ Vantaxes de ser Obrad’ouro:
• O 50% da achega descontarase do abono 26-27.
• Poderá renovar no mesmo asento
• Camiseta exclusiva e limitada do equipo.
💰 Achegas mínimas (Cada afeccionado pode achegar máis do indicado se o desexa, sempre e cando a cantidade sexa un múltiplo exacto):
• Adultos: 200€
• Menores: 80€
Calquera persoa pode participar, fose ou non abonado na temporada 25/26.
🛒 ¿Como facerse Obrad’ouro? A través da tenda en liña oficial do club, engadindo o produto “Obrad’ouro” e completando a compra.
📌 Fases de renovación e novos abonos
1️⃣ FASE 1 – Renovacións con Obrad’ouro 📅 Do 10 de xuño ao 7 de xullo Exclusiva para abonados 25-26 que participaran en Obrad’ouro. Permitirá renovar mantendo o mesmo asento ou elixir outro libre.
2️⃣ FASE 2 – Novos abonados, con ou sen Obrad’ouro 📅 Desde o 8 de xullo en diante Aberta para calquera persoa, con acceso aos asentos dispoñibles.
🎟️ Descontos dispoñibles
• 15% para abonados 25-26.
• 5% para antigos abonados.
• Descontos familiares acumulables.
• Descontos por fidelidade e asistencia.
• Promoción “Trae un amigo”.
• Beneficios por doazóns á Fundación Obradoiro.
Ademais, os que participaran en Obrad’ouro terán aplicado o desconto correspondente.
💻 Como adquirir o abono?
• En liña: https://venta-obradoiro.t2v.com/es/autenticacion/identificar
• Nas oficinas do club con cita previa.
💳 Formas de pago:
• Tarxeta
• Efectivo
• Financiamento de 3 a 9 meses sen xuros (suxeito a aprobación)
Contamos contigo para seguir facendo medrar o Obradoiro. ¡Xuntos volveremos máis fortes!
MÁIS INFORMACIÓN EN: https://www.obradoirocab.gal/