O Río Breogán afronta a tempada 2025/26 cos deberes feitos e o cadro pechado con tempo e ambición. O club lucense apostou por manter a varios xogadores que coñecen a casa, pero tamén redeseñou por completo o núcleo do equipo con incorporacións de perfil variado: tiradores, talento novo, intimidación interior e dinamismo na dirección. A continuación, repasamos un por un aos doce protagonistas deste novo Breogán
Dirección de xogo con control e creatividade
Dominik Mavra continuará como timón principal do equipo. O base croata disputou 25 partidos na ACB a pasada campaña, cunha media de 8,4 puntos, 3,7 asistencias e 2,6 rebotes en algo menos de 20 minutos por encontro. O seu acerto en tiros de dous (56,2 %) fala da súa boa toma de decisións e dunha fiabilidade notable como xerador secundario.
Ao seu carón mantense Erik Quintela, capitán do equipo e figura emocional do vestiario. A súa participación desde o fondo do banco (7 minutos por partido) achegou enerxía, compromiso defensivo e conexión coa bancada. Promediou 2,1 puntos, 0,9 rebotes e 1 asistencia por encontro.
A gran novidade na posición é DeWayne Russell, un base eléctrico que chega tras unha gran tempada en Turquía. Na liga nacional con Petkim Spor asinou 8,6 puntos, 5,4 asistencias e 3,0 rebotes en 25,7 minutos por partido. Na Basketball Champions League elevou a súa eficiencia: 8,7 puntos cun 42,2 % en triplas e 82 % desde o tiro libre. O seu estilo agresivo e a súa visión de xogo convérteno nunha das apostas fortes do novo proxecto.
Pólvora no perímetro
Francis Alonso regresa a Galicia para liderar o xogo exterior. Na LEB Ouro, co Movistar Estudiantes, promedió 9,3 puntos por partido cun brillante 42 % en triplas e un 85,6 % en tiros libres. A súa capacidade para anotar tras bloqueo ou en saídas rápidas será un recurso fundamental para o ataque lucense.
Desde Alemaña chega Keandre Cook, un escolta/alero con físico, tiro e carácter. A pasada campaña asinou 16,6 puntos, 4,3 rebotes, 2,5 asistencias e 1,5 roubos por encontro entre Bundesliga e torneos internacionais, con bos porcentaxes (43 % en tiros de campo, 84,8 % en tiros libres). Un perfil completo para as dúas posicións exteriores.
Arturs Kurucs gañouse o seu sitio o pasado curso cunha destacada presenza nos tramos finais. O letón promedió 9,1 puntos en 24 minutos por partido, cun impresionante 46,9 % en triplas e pleno de acerto desde o tiro libre (100 %). Un tirador puro que pode marcar diferenzas.
Completa o perímetro Aleksandar Aranitovic, que asinou unha tempada moi sólida: 7,0 puntos, 4,1 rebotes e 1,1 roubos por partido. Un alero polivalente, duro atrás, con boa lectura de xogo e capacidade para ocupar varias posicións.
Intimidación e equilibrio baixo os taboleiros
O núcleo interior foi o máis reforzado do equipo. Continúa Jordan Sakho, un pívot físico que rendeu de forma notable cada vez que estivo en pista. Promediou 6,8 puntos e 5,1 rebotes, cun excelente 59% de acerto en tiros de campo. Pura enerxía na pintura.
Tamén segue Dragan Apic, un interior de fundamentos clásicos e gran IQ. A pasada campaña asinou 6,0 puntos e 3,0 rebotes en 16,1 minutos, cun 54,8 % de acerto en tiros de campo. Achega equilibrio, coñecemento táctico e consistencia preto do aro.
A gran aposta interior é Danko Brankovic, un xigante croata de 2,17 metros que impresionou na Liga ABA con 12,9 puntos, 6,7 rebotes e 2 tapóns por partido. En Euroliga, con menos protagonismo no Bayern, deixou 4,3 puntos e 2,2 rebotes en apenas 10 minutos. Un perfil dominante en protección do aro e xogo vertical.
Outro croata que se suma é Dario Dreznjak, un ala-pivote moderno que vén de rematar a tempada no Keravnos chipriota. Alí promedió 11,3 puntos e 5,0 rebotes, destacando pola súa capacidade para abrir o campo cun 56,3 % de acerto en triplas. A súa versatilidade pode ser clave en estruturas máis abertas.
Por último, chega desde a Bundesliga Bakary Dibba, novo danés de 23 anos con moita proxección. En Heidelberg asinou 9,9 puntos, 4,4 rebotes e 1 tapón por partido. Un perfil atlético, con gran desprazamento lateral e presenza como defensor múltiple na pintura.
Un grupo compacto e con ambición
Co cadro xa pechado e perfilado, o Río Breogán preséntase como un bloque equilibrado, con boas mans exteriores, dureza interior e un trío de bases capaces de alternar ritmos. Luis Casimiro ten material dabondo para construír un equipo competitivo, con profundidade en cada liña e marxe de crecemento colectivo.
O obxectivo será asentarse con firmeza na Liga Endesa, competir desde o bloque e soñar, como nas mellores noites do Pazo, con dar algún golpe enriba da mesa.